O Secretario de Relacións Exteriores, Gonzalo Constenla participou nas celebracións do Alkartasuna Eguna no 25 aniversario de EA

O secretario de Relacións Exteriores e Emigración da Executiva Nacional do BNG, Gonzalo Constenla, participou este domingo nas celebracións do Alkartasuna Eguna, día de Eusko Alkartasuna, coincidindo ademais co 25 aniversario da formación nacionalista

Lizarra, 18 Setembro 11.- Gonzalo Constenla, Secretario de Relacións Exteriores do BNG participou o domingo, 18 de setembro, na celebración do Alkartasuna Eguna, día de Eusko Alkartasuna, no ano en que se cumpre o 25 aniversario da formación nacionalista.

No trancurso dos actos, celebrados na localidade navarra de Lizarra, o representante nacionalista galego dirixiuse aos asistentes para parabenizalos pola efeméride e expresar a intención do BNG de seguir traballando conxuntamente coas formacións nacionalistas de Euskalherria e de todo o Estado a prol dos intereses nacionais de Galiza e demais nacións sen estado, quer nas Cortes do Estado quer no Parlamento Europeo, onde BNG e EA, xunto con outras moitas organizacións de pobos e nacións de Europa, comparten grupo parlamentar no seo da Alianza Libre Europea.

Desde o BNG tamén se expresou o firme apoio solidario que o nacionalismo galego ten prestado e seguirá prestando á fin da violencia terrorista como paso previo ineludíbel para o exercicio do direito á soberanía política cunha folla de servizos impecábel en materia de defensa dos dereitos humanos e democràticos das persoa e os pobos, polo que tanto se ten distinguido EA.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]