Acude á concentración convocada o venres, 2 de setembro en Santiago de Compostela

Concentración da Coruña

Centos de persoas reclamaron nas sete cidades galegas un referendo e dixeron "NON" a esta reforma da Constitución

Concentración de Lugo

Santiago de Compostela, 1 Setembro 11.- O BNG convoca para o venres, 2 de setembro, unha concentración na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. Coincidindo cod ebate no Congreso dos Deputados da proposición de lei de PP e PSOE para reformar a Constitución Española  fixar un teito de gasto público, o nacionalismo galego fai un chamamento á cidadanía para que deixen oír á súa voz a partir das doce da mañá.

Concentración de Santiago de Compostela

Trátase dunha convocatoria aberta á que se poden sumar todos e todas os cidadáns críticos con este proceso de "reforma exprés" da Constitución.

Concentración de Vigo

Xa o pasado martes, 30 de agosto, centos de persoas se reuniron nas sete cidades galegas en concentracións nas que dixeron "NON" a esta reforma da Constitución.

Concentración de Pontevedra

Nas concentración leuse un manifesto que está tamén sumando apoios todos os días a través de sinaturas que podedes deixar nesta ligazón.

Concentración en Ourense

O BNG seguirá levando o debate ás rúas e ás institucións para amosar o seu rexeitamento a esta iniciativa de PP e PSOE que pon en perigo a soberanía e o autogoberno galego ao limitar a escasa autonomía financeira da que dispoñen as comunidades autónomas.

Concentración de Ferrol

Tanto nos debates no Congreso, como no que se producirá no Senado, o BNG amosou o seu rexeitamento a este "ataque á democracia" e xa ten presentado un texto alternativo como emenda de substitución á proposta de PP e PSOE.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]