Lugares e horas das concentracións contra esta reforma da Constitución

Relación das localidades, así como o horario, onde o BNG realizará concentracións en contra desta reforma da Constitución nas principais cidades de Galiza.

A Coruña - 20:30h Obelisco

Santiago - 20:30h Praza do Toural

Ferrol - 20:30h Praza de Armas

Pontevedra - 20:30h Diante da Subdelegación de Goberno

Vigo - 20:30h Diante do MARCO

Lugo - 20:30h Diante da Subdelegación de Goberno

Ourense - 20:30h Diante da Subdelegación de Goberno

Esta convocatoria faise en consonancia coa proposta de resolución aprobada no Consello Nacional en contra da reforma, tanto por motivos de forma como e fondo, e coa que se pretende promover un amplo debate social sobre os demoledores efectos que terá sobre a economía e a sociedade de Galiza a constitucionalización da política económica liberal, claramente contraria aos intereses da inmensa maioría dos galegos e das galegas e ao dereito do País a dispor libremente do seu futuro.

A iniciativa, aprobada por unanimidade do Consello Nacional, recolle a necesidade de defender que os pobos do Estado, nomeadamente o galego, se poidan pronunciar en Referendo a respecto da proposta de reforma, e en consonancia con isto animou a todos os cidadáns a participar nas convocatorias previstas para o próximo Martes.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]