Guillerme cualifica de "disparate" a reforma exprés da Constitución

O portavoz nacional afirma que esta “medida desesperada” vai resultar “ineficaz porque se fai para volver garantir aos especuladores que se lles vai pagar a súa débeda”

Santiago de Compostela, 24 Agosto 11
.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualificou esta mañá en rolda de prensa de “disparate” a reforma exprés da Constitución pactada entre PP e PSOE para marcar un teito de gasto ao Estado.

En resposta ás perguntas dos xornalistas, o líder nacionalista afirmou que esta decisión demostra “que as supostas diferencias na política económica de PP e PSOE non son tales” e afirmou que esta iniciativa denota unha “carencia de soberanía do Estado español” xa que se trata dunha “decisión que ordena o Banco Central Europeo, a señora Merkel e o señor Sarkozy”.

“Falamos dun disparate desde calquer punto de vista, xa que se trata de elevar a rango constitucional unha política conxuntural”, na súa opinión, “vai resultar ineficaz porque o que fai é garantir aos especuladores que se lles vai pagar a súa débeda”.

O portavoz nacional advirte, asemade, de que o obxectivo de défice cero “vai poñer en risco o estado de benestar” e, por outra parte, volve deixar claro “que aquel famoso estado das autonomias é papel mollado, xa que estamos ante unha decisión legal que fai fosfatina calquera posibilidade de autonomía real”.

Guillerme Vázquez indicou que un referendo podería estar ben neste tema mais afirmou que “non o van facer porque este tipo de decisións prefiren tomalas de tapadillo”.

O líder do BNG asegurou que estamos ante “un novo parche que non ataca o problema de fondo” e indicou que se debe abordar unha reforma fiscal “para que paguen máis os que teñen máis” e instou a retallar partidas como os gastos militares, que supoñen máis de 2.000 millóns de euros ou a eliminar as Deputacións”.

ELIMINACIÓN DAS DEPUTACIÓNS

Sobre este último punto, Guillerme Vázquez criticou a improvisación do candidato socialista á presidencia do goberno coa súa proposta de reformular as Deputacións a través dun Consello de alcaldes.

Tal e como lembrou o portavoz nacional, o BNG leva anos defendendo a necesidade de eliminar os entes provinciais nunha medida que, ademais de supoñer un aforro, “racionalizaría a arquitectura institucional actual”. “O debate é sobre a necesidade de suprimilas, non queda ou

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]