Guillerme amosa o apoio do BNG ao profesorado galego na defensa do ensino público

Guillerme na manifestación

Santiago de Compostela, 28 xuño 2011.- O portavoz nacional do BNG participou esta mañá na multitudinaria manifestación de profesorado e alumnado do ensino público contra os novos recortes que quere aplicar o PP dende o goberno da Xunta.

Guillerme afirmou que “o BNG está nesta manifestación apoiando unha xusta reivindicación. e opoñéndonos radicalmente á política do PP”. “Unha política -denunciou- que ademais a practica po goberno de Feijoo impoñendo sen negociar absolutamente nada, impoñendo recorte tras recorte”.

Cabezallo da manifestación

Fronte á política de recortes sociais só hai dúas vías: a mobilización e o voto

Ademais, o portavoz nacional advertiu que “estase facendo verdade o que o BNG ven dicindo de que fronte á política de retallamentos sociais hai dúas vías: a mobilización e o voto”. “E como neste momento non hai eleccións quédanos a vía da mobilización”, asegurou.

Guillerme rematou salientando que para o BNG “a estas medidas hailles que dar marcha para atrás si ou si”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]