Guillerme: "Con Feijóo Galiza é líder en paro"

Vigo, 29 abril 2011.-O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou hoxe a publicación hoxe dos dados do paro revela que “co goberno de Feijóo, se Galiza é líder de algo no Estado, é no incremento do paro”.

Segundo os dados da EPA publicados hoxe, respeito do trimestre anterior en Galiza sobre o paro nun 11,32% fronte ao 4,55% do Estado e nun ano en Galiza aumenta o paro nun 13,00%”.

Neste sentido, Guillerme asegurou que “haberá que preguntarse ao presidente da Xunta segue botando balóns fóra fronte a este problema e haberá que preguntarse unha vez máis se o señor Feijoo se non ten ningunha responsabilidade neste tema tan importante que é nada menos que a maior preocupación da xente”.

Polo tanto -engadiu- é hora de que o presidente da Xunta asuma as súas responsabilidades e modifique políticas que ao final teñen como resultado que Galiza estea liderando a destrución de emprego”.

Os datos do paro evidencian o fracaso das políticas de dereitas de PP e PSOE”

Ademais, o portavoz nacional do BNG asegurou que “estes datos de paro son a constatación do fracaso das políticas de dereita que practican tanto o goberno do PSOE en Madrid como o do PP na Xunta”

Neste sentido, Guillerme advertiu de que “este fracaso evidencia que é necesario modificar esa política económica e facer políticas que pensen na solvencia das persoas e das familias e non as que está a facer o goberno central e o da Xunta que pensan na solvencia dos bancos”.

Despois do 22 de maio haberá máis retallamentos sociais e laborais

Polo tanto, Guillerme concluíu que “o retallamentos sociais e laborais só serven para que os bancos teñen mellores resultados, para que as grandes corporacións gañen máis e máis pero para a maioría da xente é un absoluto desastre”

A este respeito, o portavoz nacional do BNG advertiu de que “despois do 22 de maio asistiremos a unha nova vaga de retallamentos de dereitos”. “Basta ver que o punto de atención está centrado neste momento no déficit das Comunidades Autónomas e temos que saber que xusto as competencias en sanidade, ensino, servizos sociais...etc, son  das Comunidades Autónomas”, alertou.

É necesario un maior apoio ao BNG o 22 de maio para frear as políticas de dereitas”

Por iso, Guillerme asegurou que “é máis necesario que nunca que forzas políticas como o BNG que están dispostas a enfrontar estas políticas, que si temos propostas para unha saída social e xusta á crise, teñamos o 22 de maio unha importante representación”.

Neste sentido, asegurou que “estamos convencidos de que o BNG tamén nos concellos é a opción útil para todas aquelas persoas que se sintan galegas, que se sintan de esquerda”. 

Para calquera galego que pense en clave de esquerda -concluíu- a opción útil é a do BNG, como somos para a xente nova que aspira a ter un futuro digno, un futuro mellor que o que lle teñen decidido estas políticas que fan o Goberno da Xunta e do Estado e que son precariedade, baixos salarios e a este paso non cobrar o 100% no futuro dunha pensión xa recortada”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]