Guillerme advirte de que "o Banco de España é tan de fiar como unha moeda falsa"
Ourense, 15 de abril 2011.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou este mediodía en relación á aprobación por parte do Banco de España do plan de recapitalización de Novacaixagalicia que “o Banco de España e o seu presidente, o señor Fernández Ordóñez son tan de fiar como unha moeda falsa, e as súas accións anteriores póñeno de manifesto”.
Guillerme reiterou que “o BNG apostou polo mantemento das caixas como tal, pero PP e PSOE apostaron dende un principio pola privatización e bancarización das mesmas”.
Neste sentido, o portavoz nacional do BNG advertiu de que nese camiño “o que se abre agora é un tempo de prórroga até setembro, e logo veremos como remata”.
En todo caso, denunciou que “o peor de todo isto é que o señor Núñez Feijoo segue de oínte neste proceso e non toma ningunha iniciativa nin decisión”.