O BNG reivindica cunha viaxe en tren un servizo ferroviario de cercanías

Imaxe da reivindicación por un tren de cercanías celebrada polo BNG en Ferrol

Os candidatos de Ferrol e A Coruña reclaman este sábado nun acto un servizo ferroviario de cercanías

Santiago de Compostela, 15 Abril 11.- O BNG celebra mañá, sábado, un acto en prol dunha mobilidade sustentábel. Unha delegación nacionalista composta polo candidato á alcaldía de Ferrol, Xoán Xosé Pita, actos públicos e institucionais, militantes e sinpatizantes viaxarán en tren dende Ferrol até A Coruña, onde serán recibidos polo candidato nacionalista á alcaldía, Xosé Manuel Carril.

Na cidade herculina, celebraráse un acto ás sets da tarde, coa participación dos candidatos á alcaldía das dúas cidades, na praza da estación de tren. Alí darán a coñecer as propostas do BNG en materia de mobilidade sustentábel.

Este acto encádrase dentro da liña de traballo do BNG pola mellora do transporte público colectivo na que, dende hai décadas, o nacionalismo vén reclamando un servizo de proximidade ou cercanías dende o punto de vista da optimodalidade, que consiste en aproveitar e potenciar as infraestruturas que fican en desuso.

Para o BNG, a chegada da alta velocidade ten que ser unha oportunidade tamén para os servizos pendentes no noso país, como o de proximidade, xa que coa súa posta en funcionamento quedarán moitas vías en desuso que poden aproveitarse para esta fin.

A viaxe de mañá completa un acto similar realizado hai uns meses cun percorrido á inversa entre a cidade da Coruña e a de Ferrol.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]