A Assembleia da República apoia a recepción das televións portuguesas na Galiza

Santiago de Compostela, 12 Abril 11.- O pasado xoves, 7 de abril, a Assembleia da República de Portugal aprobou unha iniciativa do Bloco de Esquerda a favor da recepción das televisións e radios portuguesas na Galiza.

A iniciativa, promovida pola deputada Catarina Martins, insta ao Goberno de Portugal a que realice as xestións necesarias ante as institucións galega se ante o Goberno español para a promoción e recepción da RTP na Galiza «como potenciadoras do espaço cultural comum galaico-português».

A iniciativa realizada polo BE á Assembleia forma parte do acordo acadado co BNG o pasado 17 de xaneiro en Santiago de Compostela polo que o Bloco de Esquerdas se comprometera a levar este debate político a Portugal.

Mellorar a relación de Galiza con 220 millóns de persoas

Daquela, durante a presentación da iniciativa Bieito Lobeira asegurou que esta iniciativa redundará na relación de Galiza co mundo lusófono e lembrou que ao remate da pasada lexislatura foi aprobada unha resolución defendida polo Bloque Nacionalista galego para posibilitar a recepción da Radio Televisión Galega en Portugal e a RTP en Galiza pero, despois de dous anos, -dixo- “ o actual goberno do PP non deu un só paso” para efectivizar esta posibilidade.

Aprender portugués nos centros de ensino

Asemade, o parlamentario do BNG engadiu que a Proposición non de lei nacionalista tamén solicita estender e xeneralizar o ensino da Lingua e Literatura Portuguesa nos centros de ensino e rexeitar definitivamente a idea de que “os galegos e galegas temos máis a ver con Madrid que con Portugal”

O parlamentario nacionalista incidiu na realidade lingüística portuguesa, (220 millón de falantes no mundo) e afirmou que, o BNG historicamente defendeu “o mundo lingüístico cultural portugués” e avogou por un maior achegamento a través da emisión da Radio Televisión Portuguesa.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]