Na concentración de Santiago, Guillerme di que "non hai guerras humanitarias"

O BNG celebrou actos contra a guerra nas 7 cidades galegas

Santiago de Compostela, 24 Marzo 11.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou esta tarde en Santiago de Compostela na concentración convocada en rexeitamento da intervención militar en Libia.

Alí afirmou que “non hai ningunha guerra humanitaria”, ao tempo que apuntou que detrás desta intervención “hai intereses económicos” e reafirmou que o nacionalismo galego “está en contra de todas as guerras e ésta tampouco ten ningunha xustificación”.

Nesta liña, Guillerme pediu “ao goberno español que, en consonancia co que pensa unha boa parte da poboación, retire o seu apoio político e militar á intervención militar en Libia”

LECTURA DO MANIFESTO

Pola súa parte, o candidato nacionalista á Alcaldía de Santiago, Rubén Cela, leu o manifesto do BNG titulado "Non á guerra", co que o Bloque Nacionalista Galego, "como organización pacifista, nacionalista e antiimperialista, quere reafirmar a súa aposta pola soberanía dos pobos e por unhas relacións internacionais baseadas na xustiza e na igualdade que primen a resolución pacífica dos conflitos".

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]