Francisco Jorquera explica en TVE a postura do BNG sobre a intervención en Libia

Santiago de Compostela, 23 Marzo 11.- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, explicou esta mañá no programa "Los Desayunos" de TVE a posición do BNG sobre a intervención militar en Libia.

En resposta ás perguntas da xornalista Ana Pastor, o deputado lembrou que "os bombardeos non distinguen entre militares e civís, así que estamos a falar dunha guerra e a experiencia dinos a onde conducen este tipo de escenarios".

Sobre a posibilidade de levar adiante outro tipo de accións en resposta á actitude do dictador Gadafi, Jorquera lembrou que existen outras posibilidades como "sancións económicas, presión política, aillamento político internacional" e apuntou que se intervise militarmente en todos os países en conflito no mundo o resultado sería caótico "O futuro dos pobos teñen que determinalo os pobos" apuntou o portavoz parlamentar.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]