Jorquera, este martes no Congreso no debate sobre a intervención militar en Libia

Podes seguir o portavoz nacionalista en www.congreso.es ou a través da canle 24 horas de TVE

Santiago de Compostela, 21 Marzo 11.- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, intervén mañá, martes, 22 de marzo, no debate no Congreso dos Deputados sobre a participación española na intervención militar en Libia.

Podes seguir a súa intervención na web do Congreso ou na canle 24 horas de TVE.

O debate ábrese ás doce da mañá coa intervención do presidente do Goberno e, a seguir, falarán @s portavoces do resto de grupos seguindo a orde de maior a menor representatividade na Cámara baixa.

Á conclusión do debate submeterase a votación da Cámara a autorización para o Estado español participar na intervención militar en Libia. O BNG xa ten anunciado o seu voto negativo.

 

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]