O BNG denuncia que co seu acto en Poio dentro dunha igrexa "o PP volve aos tempos do nacionalcatolicismo"

Acto do PP na igrexa de Poio. Autor: Faro de Vigo/ Noé Parga

Poio, 7 marzo 2011. O alcalde de Poio, Luciano Sobral, do BNG, denuncia que co acto celebrado onte polo PP na igrexa do mosteiro de Poio, “o PP volve a épocas pasadas que pensabamos superadas, ao nacionalcatolicismo”.

Luciano Sobral lembra que “para o BNG é fundamental, por unha cuestión de saúde democrática, a separación entre Igrexa e partidos políticos, porque a igrexa ten que estar á marxe da confrontación partidaria”.

Neste sentido, o alcalde nacionalista considera “un retroceso democrático que a Igrexa entre no xogo partidario, permitindo un acto político, con cartelería e propaganda partidaria, do PP na igrexa do mosteiro de Poio, co que se posiciona claramente a favor dese partido”.

“Parécenos que, lamentabelmente, retrocedemos a épocas pasadas, coa Igrexa e o PP camiñando xuntos da man como nos mellores tempos do nacionalcatolicismo”.

Poden ver a información completa publicada na prensa sobre este acto en:

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/03/07/pp-poio-campana-iglesia/524591.html

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]