Galiza Nova envía unha carta ao Conselleiro de Educación para reclamar a retirada da Lei de Convivencia

As mocidades do BNG pídenlle a Jesús Vázquez que “non faga ouvidos xordos” e “poña en marcha o diálogo e a participación que até o de agora non practicou.”

Santiago de Compostela, 9 Febreiro 2011.- Galiza Nova vén de enviarlle na mañá de hoxe unha carta ao Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, onde lle solicita a retirada do Anteproxecto de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa de cara a abrir un debate no ámbito do ensino para a elaboración dunha Lei do Sistema Educativo Galego”.

Na súa carta Galiza Nova lembra que “o Consello Escolar de Galiza, máximo organismo de participación da Comunidade Educativa, tense manifestado rotundamente en contra do seu Anteproxecto sumándose así as posicións defendidas por organizacións estudantís, sindicatos do ensino, asociacións de nais e pais, movementos de renovación pedagóxica e demais colectivos que piden a retirada deste proxecto” e pídelle que “non faga ouvidos xordos” a estas reclamacións.

A Secretaria Xeral, Iria Aboi, considera “inaceptábel a desconsideración que está a manifestar o conselleiro diante da maioría da comunidade escolar e dos seus lexítimos representantes” e ínstao a abandonar a imposición de medidas reaccionarias e antigalegas”. “Do contrario- apunta Iria Aboi- seguirá a contar co noso rexeitamento á este Anteproxecto de Lei”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]