Dilma recibe do BNG os parabéns de Galiza por acadar a presidencia do Brasil

Ana Miranda con Dilma Rousseff

Brasilia, 2 xaneiro 2011.- O BNG foi a única organización política do Estado español que participou onte no acto de investidura da nova Presidenta do Brasil, Dilma Rousseff.

Galiza estivo representada polo BNG neste importante acto político de transmisión de mando do presidente Lula da Silva á presidenta Dilma Rousseff, primeira muller que preside seu pais despois de 33 Presidentes.

Co obxectivo de continuar as transformacións sociais e económicas do Goberno anterior, ten como fin estender os valores cívicos e éticos dun Pais que precisa avanzar no combate ás desigualdades, nas que a muller predomina.

A presidenta salientou no seu intenso discurso que súa principal tarefa é erradicar a pobreza extrema e rescatar a millóns de brasileiras e brasileiras da historia da miseria "para que Brasil sexa unha das nacións máis desenvolvidas do mundo e menos desiguais", defendendo os sistemas públicos de saúde, educación, medio ambiente, transporte, vivenda, etc.

Lembremos que a política do Goberno brasileiro axudou a 27,9 millóns de persoas a sair da pobreza e a 35,7 millóns de brasileiros a mellorar súa calidade de vida e que o presidente Lula marcha co apoio do 87% popular despois de oito anos de Goberno.

Nun discurso profundamente nacionalista, identificado oa identidade brasileira feminista e comprometido coa igualdade, Dilma salientou que "alén da súa persoa a valorización da muller foi a escolla do pobo brasileiro ao colocar a unha delas na cabeza do Estado, para seguir estando co pobo despois de ter ao frente do pais a un operario".

En representación do BNG, Ana Miranda participou no acto de transmisión da faixa presidencial celebrado no Palácio do Planalto onde estaban as delegacións internacionais convidadas, e posteriormente na recepción ofrecida no Palácio de Itamaraty -sede do Ministerio de Exteriores-.

Alí, Ana Miranda saudou á presidenta traslando o saúdo e parabéns do BNG polo seu nomemento, así como "das mulleres galegas, porque alí onde esté representada unha muller na defensa do seu pobo, estamos representadas todas nós, tamén as mulleres de Galiza", feito que fixo sorrir e trasladar unha aperta de Dilma.

Miranda faloulle de que a Galiza fala a mesma língua e que queremos seguir mantendo relacións co Brasil de nazón a nazón.

A portavoz do BNG en Bruxelas tivo a ocasión de intercambiar impresións cos Ministros sainte e entrante de Exteriores, os Sres. Celso Amorim e Patriota e trasladarlles ese obxetivo, asi como con diversos representantes do PT nas áreas do partido e do Goberno, así como co líder do PCdB, partido que apoia ao Goberno.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]