Pacto de Toledo: o BNG oponse ao incremento do número de anos para calcular a pensión de xubilación

Olaia, no Pleno

Santiago de Compostela, 15 Decembro 10. A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, deu este serán unha rolda de prensa conxunta con IU-ICV e ERC para desmarcarse tallantemente das propostas ambiguas, confusas e pouco claras que está plantexando o PSOE no Pacto de Toledo. Davila deixou claro que o BNG non estará nun acordo ambiguo que permita ao Goberno presentar o proxecto de lei que quer e por riba dicindo que ten o aval do Congreso. "Nestes temas non se pode permitir a ambiguedade, non podemos aceitar ningún acordo no que non fique claro que non se vai ampliar a idade de xubilación por riba dos 65 anos nen se vai a ampliar o cómputo para o calculo da pensión", afirmou.


"Non nos vale a ambiguedade que só servirá para que o Goberno presente o proxecto que queira na Cámara",. Para o BNG, recalcou, calquer acordo debe pasar porque fique claro que non se ampliará a idade de xubilación nen o cómputo para a pensión. Davila afirmou que "o BNG se nega a confundir á opinión pública con textos confusos e ambiguos".

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]