Guillerme acusa ao goberno da Xunta de ser cómplice no despedimento dos traballadores de FRICOSA

Reunión do BNG co comité de empresa de FRICOSA

Culleredo, 1 de decembro 2010.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou hoxe ao Goberno do PP na Xunta de Galiza de ser cómplice no despedimento de 62 traballadores de F.C.-Frigoríficos Conchado (FRICOSA).

Unha delegación do BNG, composta polo portavoz nacional; o portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich; e os edís do BNG en Culleredo, reunise esta mañá cos representantes do Comité de Empresa de FRICOSA, que se enfrontan a un ERE presentado pola dirección da empresa que afecta a 62 postos de traballo dos 100 existentes -o 65% do cadro de persoal-, así como ao peche das seccións que proporcionan o 80'% da carga de traballo, o que segundo os traballadores conduciría a medio prazo a un peche definitivo e total do centro de traballo.

Guillerme: “o Goberno da Xunta non pode permanecer indiferente e, no fondo, cómplice coa empresa”

Neste sentido, o portavoz nacional do BNG asegurou aos medios de comunicación tras a xuntanza que “no BNG valamos a versión dos traballadores de que o ERE non está xustificado, porque non hai na nosa opinión ningún motivo que faga necesario un ERE nesta empresa”.

Por iso, Guillerme demandoulle á Xunta de Galiza “que apoie aos traballadores de FRICOSA nesta situación, algo que non está a facer”.

Guillerme advertiu de que o goberno do PP na Xunta, cuxa Consellaría de Traballo ten que aprobar o ERE, “non pode permanecer indiferente e, no fondo, cómplice da empresa que querer despedir ao 65% do cadro de persoal”. ·Non son tempos para seguir despedindo á xente”, asegurou.

A Xunta só destina 600 euros ao centro ocupacional municipal para persoas con discapacidade mental

Por outra parte, o portavoz nacional do BNG visitou o Centro Ocupacional Municipal “A Escada”, para o que reclamou a colaboración doutras administracións.

A este respeito, a edil de Servizos Sociais de Culleredo, a nacionalista Raquel Jabares, denunciou que “coa volta do PP ao goberno da Xunta de Galiza racháronse os acordos para o financiamento deste centro, que nos orzamentos da Xunta de Galiza para 2011 só recibirá 600 euros”.

O centro “A Escada” atende a uns 20 usuarios, persoas adultas con discapacidade intelectual, de Culleredo pero tamén doutros concellos da comarca como A Coruña, Carral ou Cambre.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]