Guillerme: "Preocúpame o silencio do rei Juan Carlos sobre o Sáhara, porque é o mais real dos silencios"

Santiago de Compostela, 25 novembro 2010.-O portavoz nacional do BNG denuncia o silencio, que cualificou como "clamoroso", da Monarquía española ante o conflito do Sáhara.

Nunha conferencia pronunciada o pasado martes en Santiago de Compostela, Guillerme asegurou que "non podo deixar de mencionar o gran silencio da Monarquía española, non só por incumprir os compromisos cos saharauis, senón que resulta sorpredente que o rei Juan Carlos, que nada menos que cando morreu Hassan II se proclamou tío do seu fillo, Mohamed VI, sobre este tema estea calado, calado, calado e, por certo sen que a este nivel tampouco haxa ningún comentario mediático. A min o silencio real preocúpame porque é o máis real dos silencios".

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]