Guillerme asegura que "o PP fixo co concurso eólico como coas oposicións ao SERGAS, darllo aos amigos"

Vigo, 20 de novembro 2010. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denunciou hoxe que “o goberno do Partido Popular fixo co concurso eólico como coas oposicións do SERGAS, darllo a empresas amigas”.

Guillerme asegurou esta mañá en Vigo que “unha vez que coñecemos a quen se lle outorgaron as novas concesións, o que ven a poñer de manifesto é que o que plantexou o BNG dende o principio tal cal foi como dixemos”.

“Se nin vai haber máis investimentos nin crearse máis emprego, o único obxectivo foi cambialo para darlle megavatios ás empresa amigas do PP”

En concreto denuncou que “estamos diante dunha adxudicación que non soamente non vai xerar máis investimentos nin os garante senón ao contrario, que permite incluso que os investimentos previstos polas empresas en plans industriais poidan non chegar a efectuarse”.

En segundo lugar, o portavoz nacional do BNG denunciou que “tampouco vai xerar máis emprego do que prevía o anterior Goberno da Xunta, pero iso si, o atraso de ano e medio supouxo a perda de máis de 1.000 empregos no sector”.

Polo tanto, Guillerme concluíu que “o que si temos unha variación nas empreas ás que se lle concedeu, a empresas amigas do PP, é máis que evidente”.

Neste sentido, subliñou que “a cuestión é que, como moi dicía o señor conselleiro de Industria, de que este concurso foi aproximadamente como unha oposición, pois o BNG di que despois de ver como o PP resolve as oposicións no SERGAS podemos entender cómo resolveu tamén estas oposicións: facendo concesións ás empresas do seu gusto, pois nada hai máis nesta demora que ese fin”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]