O BNG convoca este martes concentracións nas cidades contra a acción terrorista de Marrocos

Santiago de Compostela, 8 de novembro 2010. A Executiva Nacional do BNG convoca ao pobo galego a se concentrar mañá, martes 9 de novembro ás 20:00 horas, para rexeitar o brutal ataque do Goberno de Marrocos contra o campamento de El Aiún e expresar a solidariedade de Galiza co pobo saharauí.

Ademais, demandaráselle ao Goberno Español que abandone a equidistancia e a inhibición ante esta nova mostra de desprezo absoluto polos dereitos humanos por parte do Goberno de Marrocos.


O BNG convoca as seguintes concentracións nas cidades galegas mañá ás 20:00 hora:

PONTEVEDRA

Subdelegación do Goberno
Praza de España, s/n

A CORUÑA

Delegación do Goberno
Praza de Ourense, s/n

LUGO

Subdelegación do Goberno
Rúa Armanya, 10

OURENSE

Subdelegación do Goberno
Parque de San Lázaro, 1

FERROL

Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Praza de Cervantes

VIGO

Museo MARCO
Rúa do Príncipe, 54

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]