Jorquera interpela este mércores a Zapatero sobre o Decreto do Carbón

Jorquera interpela desde a tribuna ao presidente do Goberno español

Santiago de Compostela, 26 Outubro 10. Máis unha vez, Galiza peta nas portas do Parlamento do Estado através do BNG. Faino desta volta este mércores cunha pergunta que formulará o portavoz nacionalista no Congreso, Francisco Jorquera, ao xefe do Executivo español, José Luis Rodríguez Zapatero, a respecto do Decreto do Carbón.

Como noutras cuestións chave para o noso País, neste asunto tamén é o nacionalismo quen está a levar a iniciativa. Con carácter previo a esta pergunta en Pleno (que se realizará apartir das 9.00 horas), o BNG xa rexistou unha pergunta por escrito (pendente aínda de resposta), unha proposta de resolución no debate de política xeral e senllas proposicións non de lei para o seu debate en Comisión e en Pleno. A proposta de resolución e a proposición non de lei a debate en Comisión xa foron substanciadas, co voto en contra do PSOE e a abstención dun PP cuxa atitude (ao non votar favorabelmente as iniciativas do BNG) ten servido para que o Decreto do Carbón se mantivese tal cal.

O BNG demanda a modificación do Decreto e a súa substitución por un texto novo que teña en conta os intereses dun sector, o de produción de enerxía eléctrica, estratéxico para Galiza.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]