Xosé Manuel Carril incorpórase ás redes sociais

A Coruña, 14 de outubro 10.- O BNG segue a potenciar a presenza activa dos seus portavoces nas redes sociais, entendidas como unha ferramenta de participación da sociedade. O cabeza de lista do BNG á cidade da Coruña, Xosé Manuel Carril, conta desde hoxe con espazo no Facebook http://www.facebook.com/home.php?#!/XoseManuelCarril e mais no Twitter https://twitter.com/XMCarril, co fin de intercambiar opinións e achegarse á veciñanza tamén a través da internet.

Xosé Manuel Carril

Xosé Manuel Carril estrea o seu espazo virtual na internet con entradas multimedia que nas que dá conta dunha entrevista en Radio Coruña-Cadea Ser e da intervención esta mesma mañá co portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, nun almorzo informativo no Fórum Europa-Tribuna Galicia. Na entrevista, que fica no Facebook de Xosé Manuel Carril a disposición dos oíntes, o candidato do BNG apostou pola defensa do emprego e dos servizos públicos na cidade da Coruña. Na presentación do almorzo informativo desta mañá, o cabeza de lista do BNG subliñou a necesidade de “poñer a economía ao servizo das maiorías e non das minorías”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]