Xosé Manuel Carril, en Radio Coruña-Cadea Ser: "A prioridade do BNG é defender o emprego e os servizos públicos na Coruña"

Xosé Manuel Carril

A Coruña, 13 Outubro 10. O cabeza de lista do BNG á cidade da Coruña, Xosé Manuel Carril, subliñou este mediodía nunha entrevista a Radio Coruña que “a prioridade do BNG é e será defender os servizos públicos e o emprego na Coruña”.

Xosé Manuel Carril recoñece que “cando un decide pegar este salto é porque lle gusta, por unha vocación de servizo público e por amor á cidade da Coruña e por amor a Galiza”.

Neste sentido, afirma que “esta nova candidatura implica continuar co bo traballo feito polos compañeiros e compañeiras que están no Grupo Municipal do BNG”, tendo en conta a nova realidade marcada pola crise económica.

Subliña que “o proceso vivido polo BNG na Coruña é mostra de que o BNG é organización democrática e asemblearia, onde cada persoa decide que candidato o representa”.

Preguntado se renovará ou no o pacto de goberno municipal, Xosé Manuel Carril responde que “iso terano que definir os cidadáns da Coruña”. “O que si temos moi claro -subliña- é que a nosa idea será a defensa dos servizos públicos e pola defensa do emprego na comarca; que me vexa cogobernando ou non iso é unha cuestión secundaria”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • ESCOITA A ENTREVISTA COMPLETA AQUÍ