"Cuba si, yankees non"
A faixa de Galiza Nova expresaba o nexo que une as causas galega e cubana
O BNG decidiu sumarse á convocatoria da Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil para defender o dereito que asiste ao pobo cubano a decidir libremente o seu futuro, sen inxerencias externas.
Guillerme, nos primeiros compases da marcha
O líder do BNG demandou tamén o cesamento do bloqueo comercial que sofre a Illa desde hai máis de medio século e que lastra gravemente o seu desenvolvimento económico.
"Nacionalismo contra imperialismo", "Fidel, amigo, Galiza está contigo" e "Vai, vai, vai, Cuba vencerá" foron algunhas das consignas máis coreadas durante unha manifestación á que tamén se adheriu o sindicalismo nacionalista galego.
A marcha percorreu as rúas de Santiago desde a Alameda até a Praza do Toural


