Entrevista a Francisco Jorquera na Cadena Ser

Madrid, 23 Setembro 2010: O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, foi entrevistado pola xornalista Gemma Nierga no programa da cadena Ser "La Ventana" para falar da moción do BNG aprobada na sesión plenaria do martes, para que o Goberno adopte medidas para que, canto antes, os clubes de fútbol sufraguen a débeda que teñen contraída con Facenda e a Seguridade Social. Jorquera puxo de manifesto as cifras da débeda que os clubes de fútbol profesional teñen co Estado e que ascende a 632 millóns de euros. Para sorpresa da xornalista, e en palabras do deputado do BNG, "isto representa a metade do aforro de gasto que supón a conxelación das pensións e que afecta negativamente a 6 millóns de persoas". O parlamentar nacionalista tamén respostou ás perguntas do director do programa deportivo da Ser, "Carrusel Deportivo", e ás cuestións da Xefa de Deportes desta radio.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]