Xa ao teu dispor o Benegá ao día do 25-X
Santiago, 8 Xullo 11. Volta ao prelo o Benegá ao Día, desta volta cun número de 8 páxinas con contidos basicamente centrados no Día da Patria Galega 2011 e na convocatoria da XIII Asemblea Nacional ordinaria.
Inclúe tamén unha entrevista co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, información sobre o Consello Nacional do pasado 2 de Xullo e unha crónica sobre o Debate de Política Xeral habido no Congreso.
Hai tamén espazo para a información parlamentaria e para o acto de celebración do 75 aniversario do Estatuto de 1936, en que Guillerme pediu "devolver a soberanía ao pobo galego" para facer verdade a Democracia en Galiza.
A contracapa aborda a suxestiva oferta coa que se presenta a X edición do Festigal os días 24 e 25 de Xullo no campus sul compostelán.