Xa no prelo o número 36 do BNG ao Día

Santiago de Compostela, 14 Abril 10. A Secretaría de Comunicación deu ao prelo o número 36 do BNG ao Día, o voceiro impreso do Bloque Nacionalista Galego.

Este número empresta unha especial atención ao labor desenvolvido polo BNG no debate en curso sobre as caixas de aforro, así como ao envolvemento de todo o nacionalismo en defensa da nosa lingua ante as constantes agresións perpetradas contra ela polo Goberno galego.

O BNG ao Día aborda tamén, en senllos dossiers, o primeiro ano Feijóo -un Goberno inútil, un tempo perdido- e a Presidencia española na UE.

Complétase o número con información sobre o Consello Nacional, as posicións defendidas polo BNG no Debate do Estado da Nación, a campaña que a formación nacionalista vai promover para presentar alternativas ante a crise económica ou mesmo a visita realizada por unha delegación da Executiva á Real Academia Galega.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Benegá ao día de Abril-10