Un BNG AO DIA moi eleitoral

Santiago, 12 de Febreiro 09. De novo os simpatizantes e militantes nacionalistas tedes a oportunidade de ler un seguinte número do BNG AO DÍA con características moi eleitorais. Este número 34 fai entrega dunha longa e pausada entrevista ao candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana.

Ademáis, este voceiro ofrece unha simpática crónica da xornalista Sonia Hermida sobre un día da axetreada axenda de Anxo Quintana: "O Blues do autobús". Pódese ver un resumo de dúas páxinas do programa eleitoral que recolle as apostas principais para traballar a partir do 1 de marzo. Tamén podedes ler unha crónica sobre "A arañeira nacionalista no ciberespazo" que dá conta de todo o despregue internauta do BNG, con foto do xa famoso video "Eu son Anxo Quintana".

Asemade, inclúese un balanzo do realizado nestes catros anos na Consellaría de Medio Rural, cunha entrevista a Alfredo Suárez Canal. Así como un percorrido polo "modelo público de servizos sociais" que explica os traballos da Consellaría de Benestar Social. Outra crónica dá a coñecer as principais tarefas emprendidas polo BNG en aras a aprofundar no autogoberno. A mocidade tamén está moi presenta neste BNG AO DIA cunha nova sobre o labor desenvolvido no Goberno galego para a mocidade.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • bngaodia34 (pdf)