A política de vivenda do BNG, tema central do novo número do BNG AO DÍA
O novo número do noso voceiro fai unha valoración da convocatoria eleitoral do 1 de Marzo: "o BNG afronta as eleccións galegas cos deberes feitos e con vocación clara de liderar o Goberno"
Santiago de Compostela, 7 Xaneiro 09. O número 32 do BENEGÁ AO DÍA vén de saír do prelo. Inclúe un especial sobre a política de vivenda levada a cabo polo BNG, cunha entrevista á conselleira de Vivenda, Teresa Táboas.
O caderno tamén inclúe unha entrevista co secretario de Organización da Executiva Nacional, Alberte Ansede. Ademais, faise un balanzo da exposición "Transformando Galiza", da posta en marcha do Banco de Terras pola Consellaría do Medio Rural, e da lexislatura no Parlamento Galego.
A contracapa leva unha entrevista con Aleixo Vilas, responsábel do Gabinete de Estudos Económicos do BNG.