Descarga o BE-NE-GÁ ao día 30, previo ao Día da Patria Galega
Santiago de Compostela, 10 Xullo 08. Xa está ao voso dispor o novo boletín do BNG. O 25 de Xullo (campaña previa e manifestación) e un Festigal máis potente ca nunca serán os protagonistas do seu contido. Así mesmo, podedes ler unha ampla entrevista a Francisco Jorquera, coordenador executivo e portavoz no Congreso.
Por suposto, sen esquecer a actualidade parlamentar, orgánica (contamos cunha nova sección-Organización) e das áreas que xestionamos na Xunta de Galiza. Tamén inauguramos a sección Sociedade, na que nos facemos eco do amplo movemento social para rexenerar a Ría do Burgo.