Descarga da nosa web o BE-NE-GÁ ao día número 29
Santago de Compostela, 8 Maio 08. Xa está no prelo o novo número do boletín do BNG. Inclúe unha reportaxe sobre a situación do galego, de cara á manifestación convocada para o día 18 deste mes en defensa da nosa lingua, e un número do caderno de formación "Chaves para comprender", tamén sobre a lingua.
Así mesmo, recollemos a información da actualidade parlamentar -incluíndo o discurso de Jorquera na investidura do presidente do goberno- e municipal, así como noticias das áreas xestionadas polo BNG no goberno galego. Tamén entrevistamos ao director de Pradolongo e recollemos a posición da organización nacionalista ante o debate de financiamento autonómico.