BE NE GA nº 27: Os cabezas de lista do BNG ao Congreso, entrevistados no número 27 do BENEGA AO DÍA
Inclúe unha completa análise da negociación Quintana-Zapatero
Santiago de Compostela, 20 Decembro 07. Xa está no prelo, e tamén á vosa disposición para que o consultedes en pdf o número 27 do BENEGÁ AO DÍA. Destacan as entrevistas con Francisco Jorquera, Olaia Fernández Davila, Paz Abraira e Iago Tabarés.
Así mesmo, recollemos a información do acordo parlamentar impulsado polo BNG para conseguir o traspaso das competencias de tráfico a Galiza na próxima lexislatura e unha análise da negociación estabelecida co goberno de Zapatero na que se consolida unha relación bilateral Galiza-Estado.
Ademais, podedes ler unha reportaxe sobre a volta dos mozos e mozas ao agro galego e consultar a información municipal e sobre as áreas do goberno galego que preside o BNG.