BE NE GA nº 25: Faite co número posteleitoral do Benegá ao día
Inclúe unha longa conversa co portavoz nacional, un balanzo das municipais 07 e a nova sección Tribuna
Santiago de Compostela, 2 Xullo 07. Xa está no prelo, pronto para ser enviado aos lares, o número 24 do Benegá ao día, obviamente moi centrado na actualidade política post-eleitoral. Esta entrega inclúe unha entrevista en profundidade co portavoz nacional, Anxo Quintana.
Este número a cabalo entre Xuño e Xullo é a estrea dunha nova sección, Tribuna, un espazo para a análise e a opinión baixo perspectivas nacionalistas. Inaugúraa o portavoz do BNG no Parlamento Galego, Carlos Aymerich, cun traballo intitulado "Catro verdades sobre Reganosa".
Información sobre o labor executivo do nacionalismo
Completan esta entrega a habitual información parlamentar e a sección No Goberno, que aborda o labor executivo do nacionalismo en todas as áreas de responsabilidade que o BNG ten encomendadas no Executivo de Galiza.