BE NE GA nº 23: Faite co Benegá ao Día especial municipais 07!

Toda a información sobre a campaña do BNG para levar o cambio galego aos 315 concellos do país

 

Santiago de Compostela, 11 Maio 07. Xa saíu do prelo o número especial do Benegá ao día sobre as eleccións municipais do 27 de Maio. Até 11 páxinas dedicadas a debullar as candidaturas e as propostas coas que o nacionalismo galego tenciona continuar a mudar a nosa nación, agora desde os concellos.

Alén dos contidos sobre os municipais, o número complétase cunha reportaxe de moito interese sobre o dispositivo que o nacionalismo prepara para desde o Goberno defender a floresta galega da ameaza dos incendios.

Asemade, o Benegá ao día interésase por coñecer en que consiste a política eólica do nacionalismo no Goberno, dirixida a pór os recursos do país ao servizo da sociedade galega.

Entrevista con Iria Aboi

Unha entrevista coa nova secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, completa a oferta informativa do novo número deste órgao impreso do BNG.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • BENEGÁ AO DÍA 23 (pdf)