BE NE GA nº 22: 'Agora os concellos, agora Galiza', nova entrega do Benegá ao día
Inclúe un Chaves para Comprender sobre o actual momento político do Estado
Santiago de Compostela, 4 Abril 07. Xa foi ao prelo a nova entrega do Benegá ao día, un número que empresta unha moi especial atención ás municipais 07 e que inclúe a separata Chaves para Comprender, desta volta dedicada a analisar o actual momento político no Estado desde unha perspectiva nacional galega.
A Convención Nacional, o Programa Marco e as apresentacións dos candidatos dan forma ao menú informativo das municipais 07 neste Benegá ao día.
Esta entrega de Abril do Benegá ao día detense tamén nas potencialidades do sector naval galego e no traballo que desde o Goberno de Galiza o nacionalismo fai para levantar os vetos políticos que aínda pesan sobre el.
As habituais seccións sobre o traballo parlamentar, unha entrevista con Carlos Aymerich e unha disección do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar completan os contidos deste número.