BE NE GA nº 21

Inclúe unha ampla reportaxe sobre o proxecto nacionalista para a Cidade da Cultura e cumprida información sobre as municipais 07

 

Santiago de Compostela, 16 Febreiro 07. Xa está no prelo o número 21 do BE NE GÁ ao día, o correspondente ao mes de Febreiro. Desta volta, o órgao de comunicación nacionalista detense na análise do debate estatutario e fornece información sobre a composición dos órgaos de dirección da fronte após a XII Asemblea Nacional.

Un amplo dossier sobre a Cidade da Cultura -cunha entrevista coa conselleira incluída- e tres páxinas dedicadas ás municipais 07 completan o abano de temas deste novo número da publicación que, na súa contracapa, pon o foco nos proprios meios de comunicación do BNG, e nomeadamente na experiencia pioneira da Telebenegá.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • BENEGÁ AO DÍA 21 (pdf)