BE NE GA nº 19
Inclúe unha separata do caderno de formación "Chaves para comprender"
Santiago de Compostela, 10 Novembro 06. O boletín do BNG reserva a portada e mais unha páxina interior ao proceso de redacción do novo Estatuto galego. Tamén se entrevista a Francisco Rodríguez sobre a negociación dos Orzamentos do 2007 co PSOE, e se detallan as partidas conseguidas para o país grazas ao apoio nacionalista aos presupostos.
A sección "No goberno" inclúe unha entrevista á secretaria xeral de Benestar, María Xesús Lago e unha reportaxe sobre o xogo de rol "Irmandiños. A revolta" que organizou a dirección xeral de Xuventude. Tamén conversamos coa responsábel comarcal da Montaña coruñesa, Manuela García Freire.
Este BE NE GA trae tamén un especial do caderno de formación "Chaves para comprender" que analiza a posición do nacionalismo ante a situación política internacional.