BE NE GA nº 18

O boletín do BNG analisa polo miúdo os primeiros trece meses de xestión nacionalista no Goberno de Galiza

Santiago de Compostela, 26 Setembro 06. Xa saíu do prelo unha nova entrega do BE NE GÁ AO DÍA, o voceiro impreso do BNG. Desta volta fócase a atención no balanzo de xestión do primeiro ano de xestión nacionalista no Goberno de Galiza, sen perder de vista a perspectiva e os proxectos de futuro. O número contén tamén información do Consello Nacional, co calendario asemblear incluído, así como o relato de como o BNG traballa arreo no Parlamento para Galiza contar co seu Novo Estatuto antes de que conclúa este ano.

Fala para este número do BE NE GÁ AO DÍA o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, quen avanza as estratexias para combater o lume criminal, con políticas de mudanza estrutural, e para facer do monte galego un activo económico de primeiro orde. Trátase dun conxunto de políticas e de previsións orzamentarias de investimento sen precedentes na historia de Galiza.

Completan o número as xa habituais seccións de actualidade parlamentar e de información sobre as comarcas.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • BENEGÁ AO DÍA 18 (pdf)