BE NE GA nº 17: Descarga o número especial do BE NE GA AO DÍA sobre os incendios forestais

O número 17 está dedicado en exclusiva á problémática dos incendios forestais

Santiago de Compostela, 14 Agosto 06. Este número especial da publicación oficial do Bloque está motivado pola vaga de incendios forestais que afectou boa parte do país. Recolle unha reportaxe sobre os medios de loita contra o lume e unha análise sobre as causas dos incendios.

Tamén informa das novas políticas implantadas pola consellaría de Medio Rural para resolver os problemas estruturais do monte galego, así como as medidas que o vicepresidente, Anxo Quintana, e o conselleiro de Industria están a levar a cabo para axudar neste "guerra" aos incendiarios.

A contracapa inclúe unha entrevista coa responsábel de comunicación de Medio Rural, que explica as chaves da política de transparencia informativa deste departamento, tan diferente da manipulación dos executivos de Fraga Iribarne.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • BENEGÁ AO DÍA 17 (pdf)