BE NE GA nº 16: Con especial dedicación ao Día da Patria e a cuarta entrega de Chaves para Comprender

Chaves para Comprender analisa na súa nova edición a memoria histórica de Galiza

Santiago de Compostela, 13 Xullo 06. Cun vibrante chamado a participar na manifestación do Día da Patria Galega 06 ábrese o número 16 do BE NE GÁ AO DÍA, que desta vez está singularmente voltado para analisar a relevancia desta data na axenda política do país e no actual contexto, marcado polo primeiro ano do cambio galego e pola redacción do Novo Estatuto.

Co presente número, oferécese a cuarta entrega de Chaves para Comprender, o caderno de Formación do BNG, desta volta dedicado a analisar a importancia que ten recuperarmos a memoria histórica da nación galega en todas as súas dimensións.

Unha entrevista con Teresa Táboas, un percurso histórico polos diferentes Días da Patria desde a época das Irmandades da Fala, a habitual información sobre a actividade parlamentar e gobernamental do nacionalismo e un recorrido pola oferta do xa inminente Festigal 06 completan o temario deste novo BE NE GA AO DÍA.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • BENEGÁ AO DÍA 16 (pdf)