BE NE GA nº 15: Xa saíu do prelo o número 15 do BE NE GÁ AO DÍA, con entrevistas aos candidatos das cidades

O BE NE GA AO DÍA inclúe a avaliación da Executiva Nacional sobre o acordo de criterios BNG-PSOE para un Novo Estatuto de Nación

Santiago de Compostela, 21 Xuño 06. O BE NE GÁ AO DÍA estrea novo formato, co duplo de páxinas, neste mes de Xuño e cunha entrega que aproveitamos para apresentarvos aos candidatos á Alcaldía nas sete cidades galegas. O boletín nacionalista achega tamén unha comprida información sobre a acción do BNG no Goberno do país e a avaliación que lle merece á Executiva Nacional o Acordo de Criterios para un Estatuto de todos, asinado o pasado 17 de Xuño por Anxo Quintana e Emilio Pérez Touriño.

O número 15 oferece tamén unha entrevista a dupla páxina co coordenador executivo do BNG, ampla información dos Parlamentos galego e estatal e a habitual sección de Comarcas.

Reformamos aínda a sección A Contracapa na que, apartir de agora, irán ter un protagonismo moi sobranceiro os e as militantes do Bloque Nacionalista Galego.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • BENEGÁ AO DÍA 15 (pdf)