BE NE GA nº 14: Xa está no prelo o número 14 do BE NE GA AO DÍA e o terceiro de CHAVES PARA COMPRENDER
O noso boletín inclúe unha extensa información sobre as políticas da consellaría de Medio Rural e unha entrevista a Fernando Blanco
Santiago de Compostela, 5 Maio 06. Xa podedes descargar en PDF o número de maio do noso boletín, que vén de saír do prelo. Inclúe dúas páxinas de información sobre as políticas que está a aplicar no medio rural o BNG desde o goberno galego e unha entrevista co conselleiro de Industria, Fernando Blanco.
Ademais, trae unha reportaxe sobre o proceso de preparación das municipais do 2007 e información comarcal de Vigo, Lugo, Monforte e Allariz.
CHAVES PARA COMPRENDER
O caderno de formación 'Chaves para Comprender' número 3 analisa a situación actual da lingua galega. Inclúe unha explicación de como o proceso de reforma estatutaria é unha oportunidade para estabelecer un marco legal que axude á normalización lingüística.