BE NE GA nº 13: incorpora a cor na súa nova entrega, cunha análise en profundidade sobre as infraestruturas

Unha entrevista con Pablo González Mariñas e unha reportaxe sobre o Plano Galego de Vivenda, algúns dos contidos do novo número do voceiro impreso

Santiago de Compostela, 10 Abril 06. Xa saíu do prelo o novo número, o 13, do BE NE GA AO DÍA, que apartir de agora incorpora a cor nas súas ilustracións. Nesta edición -que podes baixar en pdf-, o voceiro impreso entrega un dossier sobre as infraestruturas que o país precisa, con dados enormemente esclarecedores a respecto das prioridades reais do Estado español nesta materia.

O BE NE GA AO DÍA apresenta, entre os contidos desta nova entrega, unha entrevista co vicepresidente da Comisión do Novo Estatuto, Pablo González Mariñas, así como información polo miúdo do Plano Galego de Vivenda.

O voceiro impreso, que incorpora un deseño novo e introduce a cor nas ilustracións gráficas, oferece tamén as habituais seccións de Comarcas e En Destaque, así como A Executiva Informa, desta vez dedicada á campaña de afiliación.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • BENEGÁ AO DÍA 13 (pdf)