BE NE GA nº 12
Unha ollada á nosa historia, tema da reportaxe central do boletín impreso do BNG
Santiago de Compostela, 1 Marzo 06. Unha reflexión sobre a Memoria Histórica, unha entrevista con Ánxela Bugallo e un apontamento sobre a regulación dos horarios comerciais son algúns dos contidos do número 12 do BE NE GA AO DÍA, a piques xa de chegar ás vosas casas. Faite con el en pdf!!
Esta nova entrega oferece información comarcal, unha análise da Executiva Nacional sobre o que nos xogamos como país na cuestión do financiamento autonómico e un comentario tamén sobre o proceso de pacificación que eventualmente se poda abrir en Euskadi.