BE NE GA nº 11: Número 11 do BE NE GA ao DÍA e número dous de 'Chaves para Comprender'
'Chaves para Comprender' analisa a urxencia e necesidade dun Novo Estatuto de Nación para Galiza
Santiago de Compostela, 23 Xaneiro 06. Xa está no prelo o número 11 do BE NE GÁ AO DÍA, co que se apresenta tamén a segunda entrega do caderno de formación Chaves para Comprender. O voceiro debulla o significado cualitativo da Declaración de Rianxo 06, mentres que 'Chaves' foca a súa ollada sobre a necesariedade do Novo Estatuto de Nación para Galiza.
O número 11 do BE NE GA ao DÍA analisa tamén a política de ordenación do sector da enerxía eólica que a formación nacionalista está a liderar desde o Goberno galego.
A sección En Destaque dá conta de distintas noticias de interese sobre a acción do nacionalismo desde o Goberno ou desde as distintas plataformas parlamentares, sen que se perda a oportunidade neste número do voceiro para render homenaxe a Domingos Solla, o vocal do BNG na entidade local de Morgadás (Gondomar),albo dun atentado polo seu compromiso no combate contra a especulación inmobiliaria.