BE NE GA nº 9 e CHAVES

Santiago de Compostela, 14 Novembro 05. Xa debe estar a piques de chegar aos vosos lares o número 9 do BE NE GA ao DíA, que desta volta vén acrecentado pola estrea dunha nova publicación nacionalista, o caderno que apartir de agora vai editar a Secretaría de Formación sob o título de Chaves para Comprender. Faite con eles en formato pdf!!!

O BE NE GA ao DÍA analisa polo miúdo a acción nacionalista na política orzamental, quer no plano galego quer no estatal, así como entrega información de moita utilidade, na sección EN DESTAQUE, sobre a actividade institucional da frente.

Tamén hai espazo no boletín para os avanzos na elaboración da proposta do BNG dun Novo Estatuto de Nación para Galiza.

Con esta nova entrega do BE NE AO ao DÍA achégase o primeiro número do caderno CHAVES PARA COMPRENDER, publicación de carácter bimestral que edita a Secretaría de Formación da Executiva Nacional. Con ela téntase achegar información e análise sobre os temas que nos deben importar como galegos e galegas. Para comezar, nada mellor que falar de fiscalidade e autogoberno; a primeira pasaxe para desvendar os mitos sobre os que o españolismo tenciona petrificar a nosa dependencia.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]