BE NE GA nº 7
Santiago de Compostela, 6 Maio 05. Xa está no prelo o BE NE GA ao DÍA número 7, un monográfico sobre a precampaña. Pómolo ao voso dispor en formato pdf.
Unha dobre páxina con entrevistas cos referentes provinciais das candidaturas, unha interesantísima separata da Executiva Informa fornecendo as chaves que explican por que necesitamos un presidente nacionalista e un apontamento sobre o programa eleitoral debuxan os trazos básicos do novo número do noso boletín nacional.
Inclúe tamén a axenda até o 19 de Maio, cun especialísimo recordatorio para a Convención Eleitoral Nacional que se celebrará en Santiago o próximo día 21 de Maio.