BE NE GA nº 1

Santiago de Compostela, 20 Outubro 04. Xa está no prelo o primeiro número do boletín BE NE GÁ AO DíA, que con carácter quincenal oferecerá información de primeira mao sobre a actividade e propostas da formación nacionalista.

Editado pola Secretaría de Comunicación da Executiva Nacional, o BE NE GÁ AO DíA é un boletín de catro follas A-4 con unha separata no medio que tenciona seguir o día a día do BNG e manter o mellor informada posíbel á base militante e simpatizante do nacionalismo.

Cada quince días, o BE NE GÁ AO DíA oferecerá unha Carta do Portavoz Nacional, información das comarcas e da actualidade política, así como da actividade nas diferentes institucións nas que o BNG ten representación. Unha axenda quincenal dando noticia da actuación da organización nos distintos ámbitos completará cada número, no que se incluirá tamén unha separata baixo o título A Executiva Nacional Informa.

No seu primeiro número, que chegará ás casas de militantes e simpatizantes a comezos da próxima semana, o BE NE GÁ AO DÍA analisará o debate de Orzamentos do Estado e as propostas nacionalistas no recente Debate do Estado da Nación celebrado no Parlamento de Galiza, ao tempo que inserirá información de interese das comarcas.

A tiraxe do boletín alcanzará en principio os 15 mil exemplares e constitúen o seu Consello de Redacción Santiago Domínguez Olveira, Cecilia Pérez Orxe, Xosé María Torné, Carlos Aymerich e Xosé Mexuto.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • BENEGÁ AO DÍA 1 (pdf)