BE NE GA nº 10

Santiago de Compostela, 2 Decembro 05. Xa está no prelo o número 10 do BE NE GA AO DÍA, o noso voceiro impreso que apartir desta entrega duplica a súa paxinación. Neste número, inclúe unha longa entrevista co portavoz nacional e unha moi interesante reportaxe sobre os efeitos que pode ter a nova vaga liberalizadora da OMC sobre Galiza. Báixao agora en pdf!!

O número de Decembro do BE NE GA AO DÍA contén tamén unha avaliación da Executiva Nacional sobre o texto articulado de Novo Estatuto de Nación e información sobre a campaña de afiliación que o BNG vén de lanzar a nível nacional.

Retorna tamén a sección Comarcas e En Destaque acharedes información moi útil sobre o que está a facer o nacionalismo nos distintos foros e institucións, sexan no lexislativo, sexan no executivo, nos que está representado.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • BENEGÁ AO DÍA 10 (pdf)