Novas

  

A proposta de orzamentos de 2011 deixan a Foz sen centro residencial, sen urxencias e sen ambulancia medicalizada

Foz, 25 de outubro de 2010.- O Bloque Nacionalista Galego valora moi negativamente os Orzamentos da Xunta de Galiza, referidos ao Concello de Foz, que ven de presentar o Goberno Galego na medida en que non dan resposta aos problemas centrais do noso Concello e que baixo a escusa do recorte orzamentario provoca que os investimentos públicos pasen de longo polo noso Concello. Segundo o BNG “é de lamentar que volvamos á vella cantinela do Partido Popular con Foz sobre unhas contas públicas nas que Foz non existe e que se converten nunha nova frustración para o noso Concello. [+]


O BNG DE FOZ DEFENDE O MANTEMENTO DO NOITEBUS QUE O PP QUERE SUPRIMIR

Foz a 16 de outubro de 2010.- O PP, a través da Xunta de Galiza, vén de anunciar a súa intención de suprimir ou reducir o servizo de Noitebus. Esta iniciativa, posta en marcha na pasada lexislatura, forma parte das actuacións destinadas a mellorar a seguranza viaria e reducir a sinistralidade, cubrindo as necesidades de desprazamento nocturno da mocidade por toda a Mariña, desde o Vicedo a Ribadeo. Ata o momento funcionan trece rutas que conectan todas as poboacións da Mariña entre si e con outras de fóra da comarca como Vilalba, Meira ou Muimenta. A demanda que rexistrou desde a súa posta en funcionamento dan boa mostra de que é un servizo necesario do que non se pode prescindir. [+]


O BNG DE FOZ RESPONSABILIZA AO ALCALDE NO CASO DAS FACTURAS

Foz,a 12 de outubro de 2010.- O BNG de Foz quere deixar claro que o feito de que existan facturas sen pagar no Concello é responsabilidade exclusiva do Alcalde e do Grupo de Goberno pola mala xestión e o pouco control que están a facer nos gastos e por saltar continuamente os procedementos legais para facelo. O pasado mes de xullo o alcalde levou a pleno un recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar unhas facturas procedentes de anos anteriores por un montante de 104.724,45 € e que saíu rexeitada pola maioría do pleno. [+]


O BNG PIDELLE VALOR A BALSEIRO PARA VOTAR NO PARLAMENTO A FAVOR DA CONTRUCCIÓN DA RESIDENCIA DE FOZ

Foz, 9 de outubro de 2010.- O BNG valora moi positivamente a concentración popular de hoxe onde moitas persoas se xuntaron para reclamar un Centro Residencial de Día para Foz, unha vez que había un compromiso por parte da Xunta de facela nos terreos cedidos ao Concello polo Padroado do Asilo. [+]


O BNG DENUNCIA QUE O ALCALDE PAGA AS FACTURAS A QUEN QUER E CANDO QUER

Foz a 27 de agosto de 2010.- O BNG denuncia que o alcalde de Foz e o seu grupo de goberno están a pagar facturas sen ningún tipo de criterio nin de orde de prioridade das mesmas como a lei esixe. Iso é o que se extrae de varios informes de Intervención sobre facturas fiscalizadas con desconformidade durante este ano que afirman que o Concello incumpre a orde de prelación no pago das facturas.
 [+]


O POL deixa fóra de ordenación en Foz preto de 3.000 vivendas

Foz, 24 de agosto de 2010.- Xoán Carlos González Basanta solicitou hoxe que o que o Director Xeral de Substentabilidade debe explicar con carácter de urxencia as razóns que levaron a Xunta de Galiza a tomar como referencia para elaborar o Plano de Ordenación de Litoral no Concello de Foz un Planeamento que non se corresponde co actualmente en vigor, isto é o recollido nas Normas Subsidiarias aprobadas no 81 e modificadas no 90 para a súa adecuación a LASGA e que foi aprobada pola comisión provincial de Urbanismo. Basanta lembrou que “nas xuntanzas que mantivemos con Borobio os membros da Corporación focega este comprometeuse a recoñecer as bolsas de solo de núcleo rural que estiveran acreditadas no Planeamento e agora nos encontramos que no conxunto do Concello de Foz non existe nin unha bolsa só dese tipo de solo algo que acontece na totalidade dos Concellos de Galiza que procedeu a delimitar os seus núcleos”. [+]